Esta noite tiven un soño. Tiña lugar nunha cidade como de postguerra, nun ambiente bastante caduco no que todo era moi precario. Víanse edificios arruinados ou a piques de vir abaixo. Había bicos e máis bicos e máis bicos, e tamén paseos collidos da man con alguén que non é ninguén. Espertei cun sabor doce nos beizos e a tristura establecida no meu peito. O meu soño estame dicindo que algo se ven abaixo e que algo me reclama ou me indica o camiño, pero non sei qué é cada cousa nin qué debo facer. A cuestión é si preciso sabelo.
- Fas moitas prejuntas.
- Son curiosón.
- Neso paresémonos, a min jústame máis faser prejuntas que respondelas.
Archivado bajo:Uncategorized
Comentarios